ConcellosÚltima hora

Agustín Hernández achégase ata Valdeorras

O conselleiro de Medio Ambiente visitou o centro de viabilidade invernal ubicado na Rúa e o parque natural da Serra da Enciña da Lastra en Rubiá
O conselleiro na Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella
O conselleiro na Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella

A Xunta de Galicia vén de activar o Plan de Viabilidade Invernal para garantir as condicións de circulación en case 5.500 quilómetros da rede autonómica de estradas (1.035,21 na provincia de Ourense), que estará operativo ata o 30 de abril de 2014.

Durante a visita ao centro ubicado no concello de A Rúa o pasado 22 de novembro, o conselleiro Agustín Hernández, explicou que as medidas e actuacións divídense en dous grupos: as preventivas e as paliativas.

Da rede autonómica, Medio Ambiente ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve e xeada que en total suman 965 quilómetros. O 44% atópanse na provincia de Ourense, que conta con outros cinco centros de operacións.

O plan de viabilidades implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas fundentes de sal ou salmoira e maquinaria) e medios humanos.

Hernández aproveitou a visita a Valdeorras para achegarse por primeira vez ata o parque natural da Serra da Enciña da Lastra no concello de Rubiá, un espazo onde se levan a cabo actuacións de mellora ambiental como a recuperación de especies arbóreas autóctonas. Tralo percorrido polo centro de Interpretación, acompañado entre outros polo alcalde Elías Rodríguez, o responsable de Medio Ambiente subliñou o dobre obxectivo deste programa: “protexer e conservar o medio ambiente e formar e dar a unha oportunidade laboral a aqueles que máis o necesitan para axudarlles na súa integración social”. No caso deste parque natural, os traballos realízanse para establecer medidas de prevención de incendios e tamén para e mellora do enclave.

Outra das actuacións que a Consellería ten en marcha en Rubiá é o abastecemento e saneamento de varias rúas do concello, co investimento de 130.000 euros.

Texto: O Sil/Redacción Fotos: Carlos G. Hervella

Na visita ao centro de viabilidade invernal, na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella
Na visita ao centro de viabilidade invernal, na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button