DeportesKárateÚltima hora

Aina Moral, Nazan Barreda e Diego Prada (KC River Stone) viven unha gran experiencia na Liga Nacional de Karate

 

Aina Moral, Nazan Barreda e Diego Prada son os tres karatekas do Club River Stone (O Barco) seleccionados finalmente para participar na proba da Liga Nacional de Karate celebrada no Pabellón Sara Marín y María Díez, en Elche (Alicante) a pasada fin de semana.

O seu adestrador e seleccionador galego, Nicolás Rodríguez, asegura que a participación dos tres deportistas “foi impecable”, logrando o principal obxectivo: “aprender dos participantes de gran nivel e traer a maleta chea de experiencias aproveitables durante a tempada”, que non fixo máis que empezar.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button