Música tradicional galega pero cunha sonoridade máis actual, camiñando case polo pop e a ecletrónica. O grupo Alana vén de presentar no Barco o seu disco “O xeito á cántigha”. Formado por Antía Vázquez (voz), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusión), actuaba na noitiña do 25 de xullo na praia fluvial do Malecón do Barco, no marco do XIII Ciclo “De Perto”.
Sobre o escenario barquense amosaban o seu coidado e intenso directo e posta en escena, mantendo a esencia tradicional e cunha forte ligazón co baile.
A súa proposta nace das recollidas, un labor realizado coa colaboración de moitas mulleres e homes que, coa súa xenerosidade, contribúen a manter e transmitir a riqueza da música tradicional galega.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL