
Facíase agardar un pouquiño. Pero, finalmente, o Hospital Público de Verín rexistraba o primeiro nacemento deste ano 2025. Trátase dunha nena, Alanna, que nacía ás 23:35 horas do xoves 9 de xaneiro e que pesaba 4,200 kg.
Alanna é filla de Iria Canosa Blanco (de 34 anos) e de Iván Dacal Fraga (34 anos) con residencia en Xinzo da Limia.
Nesta imaxe pode verse a Alanna xunto aos seus pais e co persoal sanitario do Hospital Público de Verín.