Arredor da oralidade e da tradición xiraba unha actividade que acollía esta mañá a Biblioteca Municipal do Barco Florencio Delgado Gurriarán. Alba Grande Blanco presentaba “Contos arredor da terra”, unha sesión na que contaba como público coas persoas participantes no Taller de Memoria do Barco, se ben estaba aberta ao público en xeral.

Grande despregaba narración orgal, xograría, cantigas populares, contos tradicionais… E unha serie de historias de vida coa lingua galega e a galeguidade como referencia., de cando marchamos, cando quedamos e cando volvemos
Estas actividades están englobadas no programa de “LER CONTA MOITO” da Xunta.
Fotos: A.R.