Natural da Enciñeira (Quiroga), Alejandrina Vicente Arias nacía o 21 de xaneiro de 1926 e trasladábase á Pobra de Trives hai 60 anos para que os seus fillos poidesen estudar e hoxe, sábado 24 de xaneiro, celebraba o seu 100 aniversario rodeada pola súa familia, espallada por diferentes partes de Galicia.

No xantar, que tiña lugar en Santa Baia, xuntábanse unhas 45 persoas entre fillos, netos, bisnetos (entre eles a pequena Cataleia con 2 meses) e sobriños, que lucían unha bonita camiseta que ten gravada “a súa primeira máquina de coser”, explica Javier Carballo (Pali), un dos seus netos e presidente do CD Trives, club de fútbol do que Alejandrina é a socia máis lonxeva.

Segundo explican, a máquina de coser foi o seu regalo de aniversario con 18 anos xa que a súa ilusión era aprender a coser. Primeiro foi a Montefurado e despois a Larouco e confeccionaba desde roupa interior ata camisas para o seu marido, Eumenio, e tamén vestidos, mandiloóns ou calquera outra prenda que fose necesaria.



Fotos cedidas.