DeportesÚltima hora

Alejandro López (Ourense Atletismo), quinto nos 3.000 obstáculos no Europeo Máster

 

Alejandro López Silva (Club Ourense Atletismo) vén de finalizar en quinta posición na proba dos 3.000 m obstáculos no Campionato de Europa Máster que se está a celebrar en Madeira. Lograba unha marca de 10:06.95.

Este atleta e”stivo metido no grupo cabeceiro ata a parte final da carreira, e quedou finalmente a seis segundos da medalla de bronce que levou o italiano Giovanni Bosio con 10:00.70. A vitoria foi para o alemán David Kiefer con 9:45.23″, explican dende o club ourensán.

Fotos cedidas polo Club Ourense Atletismo.

 

Back to top button