Deportes

Alejo Ares (Adas Cupa) proclámase campión de Europa Máster de 10km en Ruta, en Catania (Italia)

 

Excelentes novas para o atletismo valdeorrés chegan dende a localidade italiana de Catania (Sicilia), sede do Campionato de Europa Non Stadia Máster que se celebra do 30 de maio ao 3 de abril. O atleta do Club Adas Cupa, Alejo Ares que compite coa Selección Española, vén de proclamarse campión de Europa de 10km en Ruta.

 

 

Trala carreira, o campión aseguraba que a preparou con moitas ganas. “Despois de correr a San Martiño propúxenme volver adestrar forte cun obxectivo claro, competir polas medallas nun campionato de Europa”, algo moi difícil que lograba a base de traballo. “Resulta complicado adestrar a este nivel pero estou moi contento”, conta Alejo, recoñecendo que controlou a carreira en todo momento. “Sabía que se chegaba ao final ía gañar fixo porque que era o máis rápido. No KM 4 impuxen o meu ritmo e xa non din oportunidade ao rival italiano”, asegura, moi satisfeito e contento “sobre todo pola miña familia e por poder representar ao meu país e á comarca de Valdeorras especialmente ao meu pobo, Sobradelo. Creo que é bo para todos”.

 

 

Alejo subía ao alto do podio individual e ao segundo chanzo por equipos. Mañá, sábado 2 de maio ás 11 horas competirá no cross relevo mixto.

Fotos cedidas.

Back to top button