
O sector de trail running da Federación Galega de Atletismo (FGA), dentro do seu plan de seguimento de atletas, realizará unha xornada de análise e toma de tempos o vindeiro 3 de novembro en Vilamartín durante a realización do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running de Subida Vertical. Será entre as 9h. e as 12:30 horas.

O punto de encontro será o pavillón municipal Luis Nogueira e entre os 21 atletas absolutos (tanto en categoría feminana como masculina) convocados para este sector figura o valdeorrés Alejo Ares (Club Adas Cupa do Barco). No caso da categoría de promoción son 18 os convocados.
O programa do sector será o seguinte: ás 9h. haberá agrupación, identificación e explicación da sesión, ás 10h. inicio do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running de Subida Vertical e ás 12:30h. Reagrupamento e finalización.
Fotos: O SIL.

