OurenseÚltima hora

Alerta vermella por calor mañá na montaña de Ourense e laranxa en Valdeorras

Fonte: Axega.

 

No contexto do Plan de Actuación da Xunta de Galicia ante os posibles efectos das altas temperaturas sobre saúde, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) comunica que agárdanse temperaturas especialmente elevadas, que alcanzarán mañá, martes 11 de agosto, o nivel de alerta vermello nas seguintes zonas:

  • Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.
  • Interior de Pontevedra

Pola contra, manterase o nivel amarelo de alerta en:

  • Valdeorras

Por este motivo, recoméndase á poboación seguir unha serie de medidas de autoprotección e a consulta da información sobre o impacto das altas temperaturas sobre a saúde, da Consellería de Sanidade.

Back to top button