PolíticaÚltima hora

Alfredo García, candidato á secretaría provincial do PSdeG, aposta por “unir o partido” en Ourense

Nesta semana reuníase coa militancia de Ourense, Trives e O Carballiño

Alfredo García en Ourense.

 

Continúa a campaña de Alfredo García como candidato á secretaría provincial do PSdeG-PSOE en Ourense. Nela pon en valor o “feminismo e a memoria histórica” para que, dende este domingo 23 de xaneiro, o partido socialista de Ourense sexa un “partido con futuro”. Onde a “xente nova” teña oportunidades, se desenvolvan proxectos con “ilusión” e se “teña en conta a experiencia de quen leva toda a vida coa “acción política e o progreso no seu seo”.

O pasado luns en Ourense, García dáballe “voz ás mulleres e concelleiras socialistas” de Ourense ante a necesidade de “romper roles” e “mellorar a visibilización das mulleres na política ourensá e nos cargos institucionais”, así como atallar o “problema da conciliación familiar”.

Hoxe, sentábase de novo a escoitar aos militantes socialistas de Ourense e comprometeuse a que a memoria histórica “deixe de ser unha promesa incumprida”, creando un equipo de traballo para elo e realizando actos institucionais que devolvan a memoria ás familias. O acto tivo lugar este xoves na explanada do claustro de San Francisco, como lugar de referencia da memoria histórica orensana baixo o lema “que non nos borren a memoria”.

O candidato estivo acompañado por militantes destacados neste ámbito como Javier Quintas -delegado da fundación Luis Tilve e exsecretario de memoria histórica do PSdeG de Ourense-, Xose Lois Carrión- fundador da asociación “Amigos da República de Ourense”- e David Simón – presidente da asociación “Amigos da República”, que lembraron a necesidade orgánica do partido socialista de ter a sensibilidade de restablecer a memoria e abogar pola financiación coma a creación dunha rede de “centros para a memoria”.

 

Alfredo García en Trives.

 

Ademais esta semana Alfredo García reuníase coa militancia da zona de Trives, nesta vila, onde estivo acompañado pola súa alcaldesa, Patricia Domínguez; e tamén onte coa do Carballiño. Nesta última localidade aseguraba que o único pacto que ten é coa “militancia socialista da provincia de Ourense”. García estivo acompañado polo alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, quen puxo de relevo “o gran labor” como alcalde e xestor do alcalde do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button