ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Alfredo García renuncia á alcaldía do Barco de Valdeorras tras 26 anos á fronte do Concello

O seu sucesor Aurentino Alonso será elixido nun pleno previsto para o 1 de setembro

 

Tras 26 anos, á fronte, Alfredo García deixa a alcadía do Barco de Valdeorras. Na mañá deste venres 1 de agosto e rodeado do seu equipo de goberno e concelleiros que comezaron con el esta aventura política, o alcalde barquense anunciaba que hoxe presenta a súa renuncia.

 

 

Visiblemente emocionado e arroupado polos seus concelleiros, Alfredo aseguraba que hoxe é un día importante no que “dou o primeiro paso para poñer fin a unha etapa”. Botando a ollada atrás lembrou a “aquel rapaz de 16 anos que en contra da opinión do seu pai, quixo ser mestre de escola”, estando no ensino durante 24 anos pero como a persoa inqueda que sempre foi “presentouse a ocasión de intentar facer algo polo meu pobo e así comezou este andar”, o 13 de xuño de 1999 xunto a xente como José María que formou parte da primeira lexislatura e Miguel que sigue, os dous aquí presentes hoxe, baixo o lema de ‘outra forma de facer política é posible’. Vinteseis anos despois demostramos que no Barco de Valdeorras fíxose outro tipo de política onde imperou o consenso o consenso, o sentido común e o rigor tanto presupostario como de xestión municipal e onde o único que nos guiou foi o servizo á cidadanía”.

 

 

Facendo balance deste máis dun cuarto de século como rexedor, García fixo alarde da transformación do municipio poñendo destacando as grandes obras en infraestruturas, a transformación do Malecón e o dinamismo cultural, deportivo, social e económico do Barco. “Marcho satisfeito do traballo realizado, porque fixemos moitas cousas, pero aínda quedan outras tantas por facer, que se seguirán facendo polo ben do Barco”, dixo, recoñecendo que a punto de cumprir 73 anos esta cansado e no ten a mesma enerxía, a batería cargada ao 100% que el cre que se necesita para  continuar liderando o municipio. “As forzas xa non son as mesmas e non me vexo en condicións de seguir desenvolvendo o traballo como viñen facendo durante estes anos”. Aínda que lle custa despedirse, levaba tempo querendo facelo e “chegou o momento”, asegurou.

 

 

Ser alcalde “foi o meu único obxectivo, nunca quixen ter ningún outro cargo que implicara deixar a alcaldía”, sendo o de presidente da FEGAMP durante catro anos “por ter relación co meu cargo sen ter que renunciar ao meu cargo”, dixo, asegurando que todo o feito non o fixo só, dando as grazas “aos veciños pola confianza no equipo nestes 26 anos nos que gañamos sempre con maioría absoluta excepto a primeira vez”; grazas ao equipo que está con el e que “dende o primeiro momento tiña claro o concepto e que se adicou en corpo e alma a traballar polo pobo”; aos trablladores da casa; e por suposto á súa familia “a gran sacrificada”, especialmente a súa muller, fillos e demais “todos os que me queren e a quen adicarei o que me quede”.

 

 

Alfredo García presentaba hoxe a súa renuncia á alcaldía. Unha vez aceptada formalmente no pleno previsto para o vindeiro 18 de agosto e dentro do prazo legal de dez días hábiles, o novo alcalde será elixido noutro pleno previsto para o 1 de setembro. O sucesor será Aurentino Alonso, actual primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Mocidade e Participación Cidadá.

 

 

A rolda de prensa remataba entre aplausos, apertas e ata bágoas de emoción, lembrando o “incansable traballo levado a cabo por Alfredo”.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button