Dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes Xeoparque Montañas do Caurel organizan a súa Noite Branca. Será o vernes 1 de agosto en horario de 21 a 24 horas con servizo de Ludoteca de dez a once da noite.
Para incentivar aos clientes, por cada 15 euros de compra recibirán un ticket para algodón de azucre que estará situado na praza Lago de Quiroga.
