Un ano máis, e xa van 41 a Asociación de Veciños de Fontei (A Rúa) chamaba á participación ao seu tradicional ‘Magosto dos Santos’ e a resposta da veciñanza foi espectacular, malia cambira a data (estaba presvito para a noite do venres pero a chuvia obrigaba a retrasala un día), reuníndose numerosas persoas no adro da igrexa parroquial de Nosa Señora de Fátima.

Así, a do sábado 1 de novembro “foi unha noite preciosa ó redor da fogueira que nos deu calor e unhes bullotes riquísimos empuxados por viños Quinta da Peza e de adega particular. Despois bicas e tartas de queixo, regaladas por un amigo, completaron a dulzura da noite máxica por excelencia na que os espritos dos nosos queridos fanse presentes”, aseguran dende a organización destacando a alta participación. “Nunca vimos tanta xente”, asegura Fiscol.

En total degustaron 80 quilos de castañas, 6 bicas grandes, 10 tartas de queixo, amen do viño, branco e tinto, licor café e augardente de herbas e o máis importante “a multitude que participou pasouno ben e marchou contenta, e si cabe máis amigos (que ese é ó fin principal)”, din moi contentos dende a asociación de veciños.




Fotos cedidas.