Cunha maña ideal para facer unha camiñata, unhas 300 personas poñíanse en marcha neste sábado 25 de outubro coa XVIII Andaina da Castaña en Parada de Sil. Na proba de 25 kms tomaban a saída 199 participantes, mentres que na de 15 km eran 102. En ambos casos gozaban das paisajes multicores que ofrecen as viñas e castiñeiros coa caída da folla no outono. O tempo acompañaba xa que, aínda que refrescaba non chovía, o que evitaba esvaróns entre os andaríns.

Esta andaina estaba organizada polo Clube de Montaña Ribeira Sacra e resultaba, novamente, un éxito nesta edición na que acadaba a súa maioría de idade. Isto anima a Antón Vázquez do Clube de Montaña e a Aquilino Domínguez, alcalde de Parada de Sil, a seguir impulsando este tipo de eventos que, ademais de permitir desfrutar aos participantes, repercuten na dinamización económica do municipio, especialmente nos restaurantes e aloxamientos, que penduraban o cartel de completo.

Ao mesmo tempo, tiña lugar a Andaina de cativos con 19 participantes, que atendían con interese ás explicacións dos principais elementos etnográfico que están no camiño, como a aira da malla, o pozo de lavar,o pouso dos cestos…
Fotos cedidas.
