DeportesEn portadaNataciónÚltima horaVídeos

Alta participación no 31º Madrugón no río Sil que abre o día grande das Festas do Cristo no Barco

 

Con enerxía, malia as horas e a baixa temperatura da auga, comezan os máis de 80 participantes no 31º Madrugón do Cristo, sen dúbida unha das edicións máis numerosa con moita xente nova, o día grande das festas no Barco de Valdeorras.

 

 

Antes das oito da mañá deste domingo 14 de setembro, como cada ano dende hai máis de tres décadas, achegábanse os atrevidos nadadores ata a zona da Capitana onde comezaba esta peculiar carreira, lúdico-deportiva Sil abaixo ata o Malecón.

 

 

Trátase dunha tradición e un dos sinais de identidade das festas grandes do Barco. Unha actividade lúdica na que os participantes desfrutan. Todo é moi rápido e completan os escasos 300 metros de distancia baixo a atenta ollada dos membros de Protección Civil, Policía Local do Barco e un grupo de Rescatistas.

 

 

Entre os participantes, coma sempre Aurentino Alonso, nesta ocasión xa como alcalde do Barco, sendo a primeira vez que un rexedor participa nesta cita, acompañado coma sempre pola concelleira de Cultura Margarida Pizcueta que entregaba unha toalla aos nadadores conforme ían saíndo da auga.

 

 

E trala carreira festivo, coma sempre o premio máis gratificante para coller folgos é o almorzo, unha cunca de caldo e chocolate con churros, servido pola Churrería A General no pavillón vello, despois da entrega dos premios. O máis rápido dos homes adultos foi un ano máis Pablo Israel Rodríguez; a muller máis rápida foi de novo Amparo Rodríguez; e os primeiros menores de 16 anos foron Martina Aller que tamén repetía e Marcos Calvo. Tamén houbo premios para a familia máis numerosa, un ano máis a dos Careca; para o club con máis nadadores, de novo o Club Natación Valdeorras; para o conxunto de traxes de baño máis orixinais que levaron as rapazas de Natación Sincronizada. Todos eles un xamón.

 

 

O mellor disfrace feminino era para As Pulperias e o masculino para un grupo de rapaces disfrazados de bailarinas e acompañados por un can, que levaron unha bolsa con produtos tradicionais. Unha familia que levaba un flotador inchábel levaba unha bica.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button