OurenseÚltima hora

Alumnado de Enxeñería da Escola Naval Militar de Marín visita o encoro de Santo Estevo

 

A central hidroeléctrica de Santo Estevo, propiedade de Iberdrola, abriu esta semana as súas portas a unha vintena de alumnos de Enxeñería da Escola Naval Militar de Marín. Situada no termo municipal de Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense, a presa representa desde os anos 50 una das principais apostas do grupo pola enerxía hidráulica e renovable. A compañía leva anos colaborando de forma activa coa Armada Española.

Durante o seu percorrido, os alumnos estiveron acompañados do delegado Institucional de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva e do xefe de Operación e Xestión Sil-Támega, Francisco Basanta, así como dos seus profesores Laura Febrero, docente de Mecánica de Fluídos, e José Antonio González, de Fundamentos de Electrotecnia.

 

 

Os estudantes coñeceron de primeira man o funcionamento das instalacións e a súa contribución á xeración de enerxía renovable. Ademais de acceder ao interior e percorrer a caverna, a visita culminou coa subida á coroación da presa.

A localización privilexiada en que se atopa o encoro outórgalle un gran potencial en canto a recursos naturais. O complexo de San Estevo “aproveita da mellor maneira a auga da choiva para xerar enerxía limpa e renovable. Todo iso a través do funcionamento de catro grupos principais formados por turbinas Francis de eixo vertical con 66 MW de potencia cada unha”, segundo Iberdrola.

Fotos cedidas.

Back to top button