CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnado de Infantil e Primaria do Pablo VI-Fátima da Rúa celebra o Día do Libro na biblioteca municipal

 

Dun xeito didáctico pero tamén lúdico, mesturando teoría con práctica, celebraba o alumnado de Infantil e Primaria do Pablo VI-Fátima da Rúa o Día do Libro, na mañá deste xoves 23 de abril.

 

 

Facíao na biblioteca municipal, ata onde os cativos chegaban a pé dende o centro escolar acompañados polos docentes. Os primeiros en chegar eran os alumnos de Infantil que rapidamente collían libros das estanterías. Despois facíamo os de Primaria que traballaron sobre El Quijote.

Os alumnos elaboraron marcapáxinas, investigaron sobre algunhas das aventuras do personaxe literario, colorearon caricaturas de Sancho Panza, Dulcinea, Quixote…

A xornada remataba coa elaboración de títeres para a posterior representación.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Back to top button