CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira visita á base helitransportada de Vilanova (O Barco)

 

Neste 7 de outubro uns 85 alumnos de educación primaria do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) cambiaban as aulas por un escenario moi especial: a base helitransportada de Vilanova. Coas súas mochilas e acompañados de profesorado, desprazábanse ata estas instalacións, dependentes da Xunta de Galicia.

 

 

Así, da man do seu persoal, coñecían o funcionamento desta base, ademais de aprender cal é o manexo dos compoñentes claves na extinción do lume, de descubrir o seu helicóptero e tamén como funciona a brigada e a motobomba. O obxectivo da visita era, ademais, asimilar a importancia dos medios aéreos na extinción dun incendio e comprender a complexidade dos incendios actuais.

 

 

Os escolares organizábanse en 5 equipos, de 17 nenos por grupo, que ían rotando por cinco actividades. Ao remate da visita, todos os nenos xuntábanse para asistir a unha demostración final: unha manobra de autoprotección coa brigada na motobomba e unha manobra de embarque e desembarque no helicóptero.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Back to top button