CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de 6º do CEIP Condesa de Fenosa do Barco celebran o Día de Rosalía co recitado público dun dos seus poemas

 

Na mañá deste luns 23 de febreiro, o alumnado de 6º curso do CEIP Condesa de Fenosa do Barco argallaba  unha homenaxe para celebrar o Día de Rosalía, consistente nun recitado público do seu poema Adiós ríos, adiós fontes.

O lugar elixido para este bonito acto era a praza do Concello onde, ao xeito dos homes libro de Ray Bradbury, ían debullando as estrofas do seu poema para toda a xente que pasara por este lugar. Ao remate do percorrido polas distintas estrofas do poema agasallaban cun marcapáxinas conmemorativo ás persoas que participaron na iniciativa.

 

 

O recitado estivo acompañado dunha representación plástica do contido de candansúa estrofa, co que se fixo mais comprensíbel, se cadra, “o significado profundo do poema mesmo a persoas que non tiñan dominio do noso idioma”, explican dende o centro, asegurando que nestes tempos onde se espallan polas redes sociais discursos de odio contra do emigrante, “o poema de Rosalía adquire incluso unha maior vixencia, lembrándonos da dor profunda que acompaña ao emigrante cando ten que abandoar na procura de mellores condicións todo aquilo que é a súa vida”. Tamén lembra que “nós fomos terra de emigrantes, que as nosas familias ben saben as dificultades que tivemos que pasar nas terras de adopción, e así, nun exercicio de empatía comprender, axudar e acompañar aos inmigrantes que arestora se achegan á nosa terra na procura dun futuro”, conlcúen.

Back to top button