EconomíaEconomíaÚltima hora

Alumnos de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas do IES Lauro Olmo do Barco visitan STACBOND no Bierzo

 

STACBOND, compañía especializada na fabricación de paneis de aluminio para fachadas ventiladas e situada en Parandones (Toral de los Vados), a poucos quilómetros de Valdeorras, recibía nas súas instalacións a 41 alumnos dos ciclos formativos de Grao Medio en Xestión Administrativa e Grao Superior en Administración e Finanzas do IES Lauro Olmo do Barco.

A visita enmárcase dentro da aposta da empresa por “fortalecer os lazos coa comarca de Valdeorras, achegando a realidade industrial aos estudantes e facilitando un maior coñecemento do tecido empresarial local e das oportunidades profesionais existentes”, aseguran.

Durante a xornada do xoves 26 de marzo os alumnos coñecían de primeira man o funcionamento da compañía, os seus procesos produtivos e a estrutura organizativa dunha empresa industrial con proxección internacional. Así mesmo, descobrían o papel crave que desempeñan os perfís administrativos e de xestión dentro dunha industria avanzada.

 

 

“Esta iniciativa cobra especial relevancia nun momento de crecemento para STACBOND que experimentou en 2025 un crecemento do 20%, consolidando o seu posicionamento no mercado e reforzando a súa actividade produtiva”, aseguran dende a compañía, adiantando que neste contexto, “continúa incorporando talento local de forma progresiva, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento económico da zona e a xeración de oportunidades profesionais na contorna próxima”.

Desde STACBOND destacan a importancia deste tipo de accións para “impulsar o talento local e xerar oportunidades reais de emprego na comarca”, permitindo que os mozos poidan desenvolver a súa carreira profesional sen necesidade de saír de Valdeorras. “Cremos que é fundamental abrir as nosas portas aos estudantes e mostrarlles que na súa contorna máis próxima existen empresas dinámicas, innovadoras e con percorrido internacional, onde poden desenvolver o seu futuro profesional”, sinalan desde a compañía.

Back to top button