A Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG vén de emitir un comunicado de prensa no que felicita a Álvaro Vila e José Tome, novos secretarios provinciais de Ourense e Lugo, respectivamente, escollidos hoxe ao rematar o proceso de eleccións primarias. O proceso que remata hoxe supón a última cita antes dos congresos provinciais que se celebrarán escalonadamente ao longo do mes de maio en Pontevedra, o día 3, seguido de Lugo, o día 10, A Coruña o 11 e, finalmente, o 18 de maio en Ourense.
A dirección socialista salienta “o exemplo de democracia interna ofrecido polos aspirantes de Lugo, onde se presentaron Tomé e Iván Castro e Ourense, onde concorreron Vila e Patricia Domínguez, durante o proceso de eleccións primarias. Este mecanismo consolídase como a máxima representación dos principios socialistas e humanistas, como son a soberanía popular e o sufraxio universal, neste caso para escoller aos líderes provinciais”.
Así mesmo esta comisión indica que “os candidatos e a militancia teñen ofrecido neste proceso un exemplo de respecto polos valores socialistas e unha lección de responsabilidade e de autonomía decidindo percorrer xuntos o camiño da transparencia e da participación na busca dun obxectivo compartido”.
Resultados en Ourense
Candidatura Álvaro Vila Araújo: 447 votos. 52,77%
Candidatura Patricia Domínguez Barja: 390 votos. 46,04%
Votos en branco: 7
Votos nulos: 6
Votos emitidos: 850
Censo: 1360 militantes
Participación: 63,48 %
Os resultados provisionais por centros de votación (cada centro pode agrupar o voto de varias agrupacións municipais), segundo o PSdeG-PSOE de Ourense, foron os seguintes: