CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

AMAVA dá a benvida ao verán cunha espectacular exhibición musical no Esconditte Inglés, na Rúa

 

Está claro que calquera motivo é bo para festexar, pero “a chegada do verán é especialmente agradecida, días máis longos, boa temperatura, parece que ata cambia o humor e todos andamos máis contentos e así era como estabamos onte, contentos nunha festa moi especial coa que damos por concluído o clima adverso e con iso as actuacións en interior para dar paso ás actuacións ao aire libre”, aseguran dende a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, que na tarde e noite do venres 19 de xuño organizaban unha espectacular festa musical no Esconditte Inglés da Rúa, que supuxo “toda una exhibición do traballado durante o inverno no local de ensaio”.

 

 

Onte houbo unha magnífica representación de solistas “con Iria Ferrero con temas como Zarcillos de Prata ou unha preciosa versión de Miedo de M Clan e Nerea Jiménez con Sweet Child of Mine de Guns n’Roses impresionante acompañadas soamente por unha guitarra”. Tati actual vocalista de Kz Angels acompañada de Óscar á guitarra, Luis ao baixo e Adri á Bateria interpretou Seven Rational Army “con toda a mestría”.

 

 

El Patio de Leni cubriu o seu espazo coas súas tradicionais versións de temas dos oitenta e noventa acompañados nalgunhas cancións con Sory aos coros e Óscar á guitarra, sincronizados ata o punto de parecer “que levaban anos xuntos pero era a primeira vez, e esperemos que non sexa a última”, aseguran dende o grupo.

 

 

Os máis cañeros da noite, sen dúbida, foron os mozos de Kz Angels que, en colaboración con Seika “fixeron un espectacular Mix que fixo vibrar a todo o mundo” ata que Mrs. Fine, últimos en actuar, poñían a guinda á noite coa presenza de Lúa (filla de Mapa, músico da banda valdeorresa) nun dos seus temas despois do seu paso por La Voz Kids “unha experiencia que segundo nos manifestou non esquecerá na vida”, din dende AMAVA que, coma sempre agradece “o esforzo da dirección do Esconditte Inglés con Santi e Vero á fronte que sempre apoian todo este tipo de iniciativas que son tan difíciles de levar a cabo”.

 

 

Desexando un feliz verán a todos, “cheo de música en directo se pode ser”, dende AMAVA adiantan que volvarán coas Jam Sessión no outono.

 

 

Fotos: Loisrua e cedidas.
Vídeos cedidos.

Back to top button