
Con moita actividade comezan o outono en AMaVA. A Asociación de Música alternativa de Valdeorras retoma neste mes de outubro e con moita afluencia, as clases musicais unha vez mais. “Este curso 26/27 ofrecemos de novo clases de batería (de momento esta a capacidade completa tanto de maiores como de nenos) e de canto (quedan últimas prazas)”, explica o presidente, Ramón Teira, engadindo que tamén manteñen a aposta por “complementar formación musical do xeito máis ameno posible para fomentar a música entre pequenos e maiores”.

O 23 de outubro retomarán tamén as Jam Session no Esconditte Inglés da Rúa, para que os principiantes poidan iniciarse a tocar en público e os máis experimentados poidan lucirse, “nun ambiente amigable, informal e divertido, que serve de práctica e axuda a soltarse cos instrumentos”, di Teira, lembrando que, coma sempre, todo esta aberto tanto a socios de AMaVA como aos que non son socios. “Poden contactar connosco no correo amava.valdeorras@gmail.com ou en Ton y Son, no Barco.
