CulturaCulturaÚltima hora

Amena presentación en Trives da segunda novela de Maikel Núñez ambientada na comarca

 

O Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acollía, na tarde do xoves 21 de agosto, o presentación da segunda novela de misterio de Maikel Núñez, Aquel secreto que nubla tu conciencia, publicada pola Editorial Autografía en maio deste ano.

Unha trintena de persoas, entre familiares, amigos e veciños, acudiron ao evento onde o autor, con raíces familiares na Pobra de Trives, presentou o thriller que ten como escenario a comarca de Terras de Trives ademais doutros lugares da contorna.

 

 

O acto contou coa presenza de José Luis Vidal, concelleiro de cultura de Trives, que fixo a presentación do autor e a introdución para, posteriormente, dar paso á intervención do autor, Maikel Núñez, que amosou algunhas pinceladas da novela que, aínda que se pode ler de forma independente, dá continuidade á primeira publicación, Una oscura sombra del pasado, publicada no ano 2021. Quedou no aire a “posibilidade de completar a saga cunha terceira novela nun futuro, sempre que as circunstancias e o tempo de escritura o permitan”, aseguraba Maikel. El mesmo adiantaba que lle encantaría poder realizar un traballo divulgativo sobre a comarca, aínda que recoñecía que tenta plasmar nas novelas, os escenarios que máis lle marcaron durante as súas estancias na Pobra de Trives.

O acto finalizou coas correspondentes preguntas dos asistentes, así como a venda e firma de exemplares polo propio autor que, para terminar, agradeceu aos asistentes a asistencia ao acto tendo unhas palabras de apoio ás persoas afectadas polos incendios destes últimos días, ademais de agradecemento para os equipos de extinción.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button