SanidadeÚltima hora

Ana Álvarez despídese do HPV para incorporarse ao Centro de Saúde da Rúa como enfermeira pediátrica

 

Despois de máis de vinte anos no Hospital Público Valdeorras, a enfermeira ruesa Ana Álvatrez Rodríguez cambia o cargo como supervisora da Planta Verde de Medicina Interna, no Barco, polo de enfermeira pediátrica no Centro de Saúde da Rúa.

 

 

Iso será na segunda quincena de xuño pero no mediodía deste venres 15 de maio, os seus compañeiros e amigos quixeron despedila por todo o alto, cunha gran festa no Hotel Espada da Rúa. Foi un xantar moi animado no que non faltaron as risas, os agasallos, as lembrandas e as fotografías nun divertido fotocall, a cargo de Javier Brasa Fotografía, que inmortalizou momentos e poses únicas.

 

 

Nestas dúas décadas foron moitos os momentos que Ana vivíu no hospital, uns moi bos e de seguro que outros non tanto, pero deixa unha profunda pegada nas persoas que os compartiron con ela e que a definen como “empática, humana, auténtica, compañeira, trasparente, resolutiva, traballadora, especial, amiga, a excelencia, Santa Teresita, moi mamá, guerreira, COMPAÑEIRA, espectacular, empoderada, valente, cercana,…”

 

 

E entre prato e prato, entre foto e foto, entre agasallo e agasallo, na festa de despedida tamén houbo momentos emotivos, como a fermosa carta escrita a man que unha compañeira lle lía e na que lembraba algúns deses momentos, destacando o seu “esforzo, valentía e adicación absoluta”; dándolle as grazas “polo teu exemplo, forza e maneira de estar nos momentos difíciles” e tamén nas esmorgas; e desexándolle que “nunca che falte luz para ser ti, nin motivos para sorrir”, neste novo comezo.

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button