A Festa de San Xoán, con pancetada e Andaina Popular, que este ano organiza o Concello do Barco coa colaboración da Comisión de Festas de San Xoán en Éntoma, tiña lugar na tarde-noite deste 21 de xuño na Pista Deportiva de Éntoma.
O programa comezaba arredor das 20:30 horas coa carreira Infantil e ás 21:00 horas dábase a saída á andaina popular. Había dous circuitos sinalizados, un para nenos e nenas (ata 6 anos), e o da andiana popular, de 3,5 quilómetros de lonxitude. Velando pola seguridade estaban en todo momento os voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Barco.
Tras ela estaba prevista unha pancetada para os participantes, coa entrega de premios. A continuación, o DJ Tariro amenizará o primeiro baile das Festas de San Xoán de Entoma, que comezan ese mesmo día.
Fotos e vídeo cedidos.




