
O Ourense Film Festival (OUFF) concederá na súa 29º edición o Premio OUFF Chano Piñeiro á produtora Andrea Vázquez, destacando o seu esforzo a prol dun cinema que ao tempo que procura novas formas de expresión reivindica un espazo no mundo sen renunciar á cultura propia. Vázquez atópase detrás de filmes galegos de gran proxección internacional, como “O que arde” ou “O Corno”.
O galardón procura premiar figuras do audiovisual galego que se caracterizan polo afán emprendedor desde Galicia. Vázquez destácase por ser unha das produtoras detrás de fimes galegos con gran proxeción nacional e internacional, ao fronte da productora Miramemira, onde desenvolve proxectos que marcarán o futuro do audiovisual galego, mitos deles firmados por outras mulleres. O Ourense Film Festival recoñece así a súa labor para “dar oportunidades a valores novos” do cinema en Galicia e a reivindicación de “contornas propias de empresión e debate, a prol da igualdade de xénero na expresión audiovisual”.
“É un recoñecemento moi compartido, a una forma de facer cine e de producir que é moi análoga e identificativa de como facemos cine en Galicia e desde onde o facemos. Un cine autoral que se fai desde empresas moi pequenas, que asumen proxectos grandes e os levan polo mundo. O cine galego e un mundo de emprendedoras, temos que estar moi orgullosas”, declarou a produtora despois de coñecer a nova do galardón.
Vázquez foi productora de filmes como “O que arde”, dirixido por Oliver Laxe, e recoñecido mundialmente en festivais como Cannes, San Sebastián ou nos Premios Goya -onde logro dous galardóns. Tamén foi produtora de “O Corno”, dirixida por Jaione Camborda e gañadora da Concha de Oro en San Sebastián.
Actualmente está ao cargo da produtora galega Miramemira e atópase traballando en varios filmes; “Estrany Riu”, ópera prima de Jaume Claret en coproducción con Zuzú Cinema; na post produción da película “San Simón” de Miguel A. Delgado e na pre produción da longametraxe de Diana Toucedo “Querer vivir un grito” e do documental “Ana máis nós”, de María Yáñez.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.