DeportesÚltima hora

Andrés Álvarez (Adas Cupa) colleita dúas medallas no galego Sub16, no Barco

A xornada da mañá sumaba para o club outros dous ouros da man dos marchadores Mateo Valcarce e Paula Cela

 

Ata catro metais sumaba o Club Adas Cupa do Barco na xornada de mañá do Campionato galego Sub16, que continúa esta tarde nas pistas de atletismo Luis Nogueira do Barco. Dous deles viñan da man de Andrés Álvarez Pérez, cunha prata na proba de altura, cun rexistro de 1,68, xa ás dez da mañá.

 

 

 

Ao mediodía este atleta valdeorrés volvía competir pero en triple salto, no que lograba unha medalla de bronce e facía ademais marca mínima persoal con 12,08.

As outras dúas medallas da mañá eran de ouro e conquistábanas Mateo Valcarce e Paula Cela nos 3 km marcha.

Fotos: cortesía de Diana e Manolo.

Back to top button