
Son nove anos enchendo o auditorio municipal grazas á Gala contra o Cancro, unha cita solidaria que reuniu a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Despois de recibir a artistas como Susana Seivane, Lucía Pérez, Emilio Rúa, Daniel Minimalia, Luis Emilio Batallán, Rosa Cedrón, Guadi Gallego, Xosé Manuel Budiño, Lys Pardo, Monoulious DOP, Xabier Vizcaíno, Xestreu, Andrea Pousa, Davide Salvado, O Sonoro Maxín, Sabela, Lucía Veiga, Pili Pampín, Tania Veiras e Lucía Rodríguez entre moitos outros, este ano, a celebración terá lugar o sábado 29 de novembro no Auditorio da cidade.
Hai máis dúas semanas, a organización do evento xa puxo as entradas á venda en en a Asociación Española contra o cancro de Ourense, sendo o único punto de venda físico cun total de 150 entradas. As localidades restantes estarán dispoñibles á venda en liña, así como a fila cero. O organizador do evento, David Rodríguez destaca que “tras dez edicións, queremos seguir avanzando e propoñendo grandes artistas para este evento polo que contar con Andrés Suárez na X edición é unha enorme satisfacción e orgullo”.
Así, a organización presenta un cartel que combina música, humor e danza no que o gran protagonista é o cantante e compositor Andrés Suárez. O ferrolán acaba de presentar o seu novo disco e xira Lúa no que regresa ás súas raíces e presenta unha proposta íntima e próxima ao espectador. Curiosamente, cumpre mesmo número de álbums que edicións da gala: dez.

Andrés estará acompañado durante a gala pola artista multidisciplinar Marta Doviro. Actriz, presentadora e humorista, a artista da Costa da Morte promete risas, proximidade e alegría tras virar e presentar os seus espectáculos como Memorias dunha rapasa da Costa e as súas actuacións colectivas con As Teimas e As Rhumorosas. A maiores, para completar o cartel e dar presenza aos grupos ourensáns, A Real Banda de Gaitas de Ourense abrirá o acto dunha forma emotiva e especial, e Castro Floxo e Dantzari Danzas do Mundo presentará numeros de baile que combinarán o folclore tradicional galego coa fusión de diferentes estilos de danzas do mundo. E para completar o talento musical, Daniela González, unha cantante ourensá de tan só 8 anos, participante no programa La Voz Kids, interpretará un tema para desfrute do público. A gala estará conducida polas comunicadoras e presentadoras Lucía Rodríguez que participa por terceira vez nesta edición e Fátima Pego, actriz, cómica, cantante e presentadora de televisión.
A Gala contra o Cancro conta co apoio institucional do Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia e o patrocinio de Abanca, Clínica Dental Parracía, Grupo Cuevas, NH Ourense, Carnes Parente, Espazo Lector Nobel e Pérez Rumbao e a colaboración de Dantzari, Aguilar, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Redeiras, OSI Gourmet, Coren, Agapé Liceo e Pengüin Random House Grupo Editorial.
As entradas teñen un custo de 10 euros e están dispoñibles en Ataquilla.com. Para aquelas persoas que desexen colaborar coa proposta, queda a disposición a fila 0 para realizar doazóns no número de conta: ES2120805259063040054009 (ABANCA) a nome da Asociación Cultural As Canellas, organizadora do evento, producido por Aufoteza Producións e Abella Creativa e a favor da Asociación Española contra o Cancro.