ConcellosO CarballiñoÚltima hora

Angustias celebra o seu 102 aniversario na Residencia Hermanos Prieto (O Carballiño)

Foto cedida.

 

A Residencia Hermanos Prieto do Carballiño celebra hoxe os 102 anos de Angustias, unha veciña moi coñecida da vila. Tras unha vida vinculada ao histórico barrio da Carreira, a centenaria mantén intacto ese carácter forte que sempre a definiu.

Fiel aos seus costumes relixiosos, antigamente ía sempre a misa; agora aproveita cada visita do seu fillo para acudir á igrexa. Angustias vive a súa día a día rodeada do agarimo do equipo, dos seus compañeiros do centro e do seu inseparable amigo canino Odie (o can do centro, co que fixo moi boas migas). Ademais, continúa moi conectada aos seus grazas ás videollamadas semanais que mantén co seu fillo.

Back to top button