EconomíaEconomíaÚltima hora

Animada e concorrida “Ruta de Pinchos” por Viana do Bolo na noite do Sábado Santo

 

Máis de 200 persoas sumábanse a unha saborosa proposta que se celebraba na tardiña do Sábado Santo en Viana do Bolo. Era unha “Ruta de Pinchos” por cinco establecementos de hostalaría da vila para desfrutar de diversos e deliciosos petiscos: tosta de queixo con anchoa (A Nosa Casa), Caldiño galego (Mesón A nosa Terra), Arroz con androlla (Casa Chías), tosta de cebola caramelizada con queixo de cabra e virutas de cecina (Chiricahua) e pisto de boletus e choupís ou pementos do piquillo recheos de bacallau (O Callejón).

Á noite tivo lugar unha divertida e concurrida Ruta de Pinchos, na que participaron máis de 200 persoas, que degustaron uns deliciosos pinchos elaborados por 5 establecementos hosteleiros de Viana. A ruta contou con música tradicional para amenizar o percorrido.

 

 

O punto de partida da ruta era a praza Maior de Viana do Bolo a partir das 20:30h. O percorrido estaba animado con música tradicional.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

Back to top button