A música protagonizabao serán do 8 de agosto en Manzaneda. A vila acollía un dobre concerto de acordeonistas, presentado polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, que se abría coa actuación do grupo local Airiños da Porta Falsa. Deseguido, o numeroso público presente podía desfrutar co grupo de acordeonistas Os Lóstregos da Estrada. A música estaba acompañada da voz e tamén da danza.
“Na tarde de acordeóns puidemos comprobar o compromiso da veciñanza e veraneantes sensibilizados coa interpretación da música tradicional con grupo de acordeóns”, destacan dende o Concello de Manzaneda.
Fotos cedidas.