Nesta fin de semana Trives celebra o seu Entroido de Verán con diversas propostas. Os actos comezaban o sábado coa apertura dun mercadiño de artesanía e produtos locais con multitude de propostas ao longo da zona vella da vila. Neste domingo reabría e eran moitas as persoas que percorrían os seus diferentes expositores.
Ademais tampouco faltaba neste programa a animación musical e pola tarde está previsto o desfile de folións polas rúas e logo unha cea para os membros destes folións participantes.
Fotos cedidas.