CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Animado concerto de Zapata na Rúa, en homenaxe a Manolo e Roberto

 

Na noite do venres 29 de agosto o Bar Route 66 da Rúa despedía o mes de agosto cun evento moi especial. Na explanada a carón do bar, ao aire libre, celebrábase o concerto do grupo valdeorrés Zapata (50 anos atrás) en homenaxe a dous dos seus membros, os irmáns Manolo e Roberto, xa falecidos.

 

 

Música, lembranzas e emocións para honrar a súa memoria. “Unha noite para rir, chorar e sentir que seguen co nós” aseguran dende o grupo, que deleitaba aos asistentes con fermosas versións de temas dos ano 70.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button