CulturaCulturaEducaciónEntroido 2026Última horaVídeos

Animado e divertido I Desfile Intercentros Educativos da Rúa

 

Estaba previsto para o Venres de Entroido e coa participación de todos os centros pero as previsións meteorolóxicas obrigaban a aprazalo. Na mañá deste venres 20 de febreiro celebrábase na Rúa o I Desfile Intercentros Educativos da Rúa, organizado pola ANPA do CEIP Manuel Respino coa colaboración do Concello.

 

 

Nel participaban alumnos e profesores do colexio de Infantil e Primaria e tamén do IES Cosme López Rodríguez. “Estaba previsto que tamén o fixeran os do Pablo VI-Fátima e da Galiña Azul pero hoxe non podían”, explican dende a organización, adiantando que para o ano que vén esperan pode contar con eles e tamén con algún centro doutro concello. “A idea é convidar cada ano a un “, din.

 

 

De arlequíns, de fadas, de mimos, de monxas, de fargalleiros,… cunha variada selección de orixinais disfraces por ciclos, os escolares concentrábanse na Estación de Autobuses para almorzar (chocolate con bica e biscoitos) antes de comezar o desfile pola rúa Circunvalación ata a rotonda, seguindo polas rúas Progreso e Doutor Vila ata rematar de novo no punto de partida. Controlando o tráfico, a Policía Local da Rúa e voluntarios de Protección Civil da Rúa, Petín e Larouco.

Unha animada e bonita forma de despedir o Entroido por todo o alto.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button