CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Animado inicio de curso no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Entre as 8:35 (os de ESO e Baharelato) e as 9 horas (Educación Infantil e Primaria) deste luns 8 de setembro,  entraban os alumnos ás instalacións do Colexio Diocesano San Pablo VI-Fátima da Rúa para comezar o curso 2025-2026.

Coma sempre, á entrada do centro, moita ilusión e alegría entre os pequenos por reecontrarse cos amigos das escola e tamén cos profesores aos que saudaban chocando as mans antes de ir entrando por cursos no edificio para a benvida por parte do director.

Uns chegaban no bus escolar e outros en coches particulares, especialmente os máis pequenos, acompañados polos familiares.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button