ConcellosEntroido 2026LazaÚltima hora

Animado Luns Borralleiro, pasado por auga, no Entroido de Laza

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistía na mañá deste 16 de febreiro, acompañado do alcalde, José Ramón Barreal e do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, ao Luns Borralleiro un dos días máis destacado e animado do Entroido de Laza, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta xornada desenvólvense as tradicionais actividades da Farrapada e Xitanada dos Burros pola mañá; e a Baixada da Morena, co lanzamento de formigas e fariña na praza da Picota pola tardiña.

Back to top button