Non hai que ter un motivo especial para xuntarse e menos arredor dunha mesa. No mediodía deste sábado 18 de abril as Mulleres Rurais de Veigamuíños (O Barco de Valdeorras), celebraban na Escola un xantar ao que acudían preto de 40 persoas e no que non faltaban os entremeses, a empanada, os chourizos ou os pementos asados. Tampouco o café nin o baile.
Tal como indican dende a directiva, a idea era xuntarse e pasalo ben, agradecendo a asistencia ás socias. “Sen elas isto non sería posible”, aseguran.
Fotos e vídeo cedidos.