Consellos e técnicas para unha óptima extración e conservación de leite materno. Nesta temática centraba Antía Fernández Gómez, nai, enfermeira e asesora de lactación, a charla que impartía na tarde deste 15 de maio no local da Asociación De Nai a Nai no Barco.
Explicaba como se realiza unha extracción manual e que factores se deben ter presentes no caso de usar sacaleites. Tamén explicaba como conservar este alimento e como almacenalo, é dicr, cantos días se pode manter na neveira.
Despois da charla iniciábase un coloquio con outras nais que compartía a súa propia experiencia co fin de axudar ás mulleres que acudan en busca de información e ideas, para poder continuar aleitando durante a volta ao traballo, ou en calquera outra circunstancia pola que necesiten extraerse leite.
Fotos: A.R.