DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Anxela Fernández (Rúa Valdeorras CF), convocada pola selección galega infantil feminina de fútbol sala

O combinado autonómico está preparando o campionato de España que se celebrará no mes de abril

 

Anxela Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As seleccións galegas de fútbol sala volven á carga. Os combinados autonómicos, que disputarán os campionatos de España ao longo do próximo mes de abril, continúan afrontando a recta final da súa preparación e volveranse a vestir de curto a próxima semana continuar pulíndo detalles. E entre as convocadas pola selección infantil feminina está a valdeorresa Anxela Fernández Fernández, xogadora do Rúa Valdeorras CF.

Ás ordes dos seleccionadores María Bardanca e Manuel del Castillo, combinado infantil feminino completará outra sesión de adestramento o vindeiro xoves 31 de marzo a partir das 18:45 horas no pavillón municipal de Boqueixón (A Coruña).

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button