Na tarde do venres 29 de agosto, Blanca Cotado Galán (con orixes en Fornelos e pregoeira da III Feira Irmandiña, volvía ao Castelo do Bolo acompañada por Anxo Baranga (natural de Córgomo), ambos integrantes de Furafollas Agrupación Teatral, para presentar Movendo os Marcos, unha representación sobre a memoria coa que fixeron un repaso polos cambios acontecidos co paso do tempo en Valdeorras, ao tempo que reflexionan sobre a emigración, a perda da memoria e da identidade, sempre cun marcado ton de humor.
Con esta historia “de onte e de hoxe, de aquí e de máis alá”, Blanca e Anxo conquistaron ao público (máis de 60 persoas) de diferentes idades.

Fotos cedidas.