
Esta mañá aparecía somerxido no río Arenteiro o corpo sen vida dun home, segundo vén de informar o 112 Galicia. A persoa que alertou a través do 112 Galicia atopouno moi preto da beira.
Para realizar o rescate, xa que o corpo localizouse aboiando no río, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros do Parque Comarcal e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
“Antes da recuperación do corpo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comprobaron que o home estaba falecido e os bombeiros agardaron a que culminase todo o proceso xudicial para retirar o cadáver da auga. Ao lugar dos feitos, acudiu tamén unha patrulla da Garda Civil”, tal e como indica o 112 Galicia.
Polo momento, descoñécense as circunstancias do falecemento, por iso, o corpo trasladouse ao Hospital de Ourense para a realización da autopsia, citando ao 112 Galicia.
