O Domingo de Estrea, nesta ocasión o 15 de febreiro, é a xornada na que os peliqueiros de Laza fan a súa primeira aparición no Entroido. Unha tradicional celebración á que asistían a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez.
Na súa visita ao concello ourensán, Allegue e González puideron coñecer o ritual da vestimenta dos peliqueiros e participar na tradicional recepción a estas máximas autoridades neste entroido de Laza, así como no posterior reparto da bica.
