EconomíaEconomíaÚltima hora

Apetamcor di que as restricións da DXT pola neve provocan “fallos na cadea de subministros e problemáticas para o transporte por estrada”

Cedida.

 

“Aínda que é imprescindible garantir a seguridade do transporte por estrada e dos usuarios das vías, resulta igualmente necesario que as medidas adoptadas sexan proporcionais o risco existente. A situación demanda unha comunicación clara, continua e actualizada co sector, co obxectivo de minimizar o impacto sobre a cadea loxística e a actividade económica, ante unha serie de medidas que se atopan claramente desproporcionadas ante a situación meteorolóxica actual”, así o considera a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia nun comunicado emitido neste vernes.

Nel esta entidade tamén apunta que a Dirección Xeral de Tráfico publicou na xornada de onte, unha serie de restricións a circulación de vehículos pesados en diferentes tramos do noroeste peninsular por mor da chegada da borrasca Ingrid. “Ditas restriccións son especialmente intensas na comunidade autónoma de Galicia, onde grandes vías de tránsito tal coma a A-6, A-52 ou a AG-57 atópanse pechadas para a circulación de vehículos pesados, sen previsión de data de apertura das mesmas á circulación de camións de mercadorías, comprobándose a medida que avanza a xornada que ditas restriccións son desproporcionadas para a actual situación. O peche de moitas destas vías, vitais para o subministro de alimentos, combustible e diferentes prodctos de primeira necesidade, está provocando que moitos destes materiais se atopen na actualidade parados en estaciósn de servizo, á espera de que as autoridades competentes autoricen a súa circulación”.

Neste senso, Apetamcor insiste que malia “que é imprescindible garantir a seguridade do transporte por estrada e dos usuarios das vías, resulta igualmente necesario que as medidas adoptadas sexan proporcionais o risco existente, evitando na medida do posible, tanto a perda de productos perecedoiros coma minimicen o impacto económico sobre a cadea loxística, as empresas e o conxunto do sector do transporte”. Por iso, prosegue o comunicado, “é prioritario asegurar a liña de subministro mediante unha xestión dinámica das restriccións actualmente vixentes, con periódicas revisións, criterios claros de reapertura e canles de información actualizadas que permitan unha planificación segura de rutas que causen as menores afeccións ó tráfico posibles.”

Por todo iso, dende Apetamcor solicítase “a todas as administracións competentes unha maior coordinación para garantir unha resposta proporcionada, eficaz e planificada, que priorice tanto a seguridade viaria comoa o abastecemento de bens esenciais, así como. Ademais, solicitamos que ditas medidas se revisen de maneira continua en funcion da evaluación meteorolóxica e que se manteña unha comunicación clara e actualizada co sector, co obxectivo de minimizar o impacto sobre a cadea loxítica e a actividade económica, xa que na actualidade estase producindo unha importante perda económica por lucro cesante por unha decisión administrativa que, baixo as condicións actuais, é claramente desproporcionada”.

Sobre APETAMCOR

Apetamcor é a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, unha organización profesional representativa de Galicia para pequenas e medianas empresas/autónomos no transporte de mercadorías por estrada, con máis de 30 anos de traxectoria defendendo os intereses dos/as transportistas.

Actualmente conta con 4 sedes permanentes en Galicia: Ourense (servizos centrais), Santiago de Compostela, O Porriño (Pontevedra) e Lugo.

Back to top button