DeportesFútbolÚltima hora

Apoio do fútbol valdeorrés á VIII Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Vilamartín

Plantel do CD Córgomo coas camisetas moradas da Carreira e Andaina contra o Cancro de Páncreas./ Cedida.

 

Diferentes equipos de fútbol de Valdeorras saltaban ao campo na pasada fin de semana vestindo a camiseta morada para amosar o seu apoio á VIII Andaina e Carreira das Cidades de Vilamartín de Valdeorras, que se celebrará o 23 de novembro baixo o lema “O noso reto, a esperanza”.

Nesta ocasión, o Centro de Deportes Barco, que xogou onte 2 de novembro, e o CD Córgomo, que disputou o seu encontro o sábado, quixeron trasladar unha mensaxe de ánimo e esperanza a todas as persoas afectadas por estaenfermidade e ás súas familias, apoiando á Carreira das Cidades, cuxa recadación se destina integramente á investigación para a prevención e o tratamento do cancro de páncreas.

 

 

Desde a organización (en mans de ACAPAVAL) agradecen enormemente o respaldo do deporte valdeorrés, un apoio que contribúe a dar visibilidade a esta causa e a fomentar a participación cidadá nun evento que combina actividade física, sensibilización e solidariedade.

As inscriciónspara a carreira e andaina continúan abertas, e pódense realizar a través das canles habituais:

-Online en https://carreracancerpancreas.es/carrera-vilamartin/ou en Carreiras Galegas (https://www.carreirasgalegas.com/events/viii-carreira-e-andaina-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas/omrYwQl2).

-Presencial: nos diferentes puntos de inscrición habilitados en distintos concellos da comarca:

– Na Rúa: Cool Balea

– En Vilamartín: Fimar

– No Barco: Garoba, Pizpireta, Trisport e Ton y Son

– En Rubiá: Librería Teresita e Trastos

A iniciativa forma parte da rede estatal da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, que se celebra de maneira simultánea en distintos puntos de España. Este ano terá lugar, ademais de en Vilamartín, enAlicante, Alboraya (Valencia), Ávila, Burgose Madrid.

Fotos cedidas.

 

O CD Barco coas camisetas moradas./ Cedida.
Back to top button