DeportesFútbolÚltima hora

Apoio vianés á selección cun cheo na praza Maior para seguir o partido España-Arxentina

 

Por terceira vez consecutiva, a praza Maior de Viana do Bolo convertíase en punto de encontro dos afeccionados ao fútbol para seguir a actuación de España no mundial nunha pantalla xigante instalada polo Concello.

Novamente, esta tarde este emblemático espazo da vila volvía encherse de persoas de todas as idades para apoiar á selección no encontro con Arxentina, que se desputa neste domingo.

 

 

Back to top button