A Asociación De Nai a Nai informa que a Festa da Familia, prevista para o 27 de setembro na praia fluvial do Barco, vén de ser aprazada por causas alleas á organización.
A entidade xa está a traballar para fixar unha nova data, que será comunicada en canto estea confirmada.
