Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Aprazada a II Andaina da Santa Compaña (Vilamartín) pola previsión de chuvia para o 6 de xuño

Cedida.

Dende a organización da II Andaina da Santa Compaña, que estaba prevista para o 9 de maio, vén de comunicarse o aprazamento deste evento deportivo por mor das malas previsións meteorolóxicas para esa data. “Dan moita chuvia para o sábado e, ao ser unha proba nocturna e polo monte, prima a seguridade da xente”, explican os promotores da actividade,

Indican ademais que “foi unha decisión difícil de tomar, xa que tiñamos case 200 inscritos”. E matizan que aquelas persoas anotas que queira recuperar a cuantía da inscrición pode facelo ou ben, continuar inscritos. A data para a que pasa a proba será o sábado 6 de xuño.

 

Back to top button