O alumnado do CEIP Manzaneda vivía neste martes 20 de maio unha mañá moi especial. Participaban nunhas xornadas formativas de educación vial no CEIP Manzaneda.
Nelas participaban a Garda Civil de Tráfico, a responsable de Seguridade Vial da Dirección Xeral de Tráfico en Ourense e os voluntarios da agrupación de Protección Civil de Manzaneda.

Nestas xornadas formativas e divulgativas expoñíanse diversos recursos e equipos como as motos da Garda Civil de Tráfico, a motobomba municipal e algúns materiais. Tamén se instalaba un circuíto para realizar en bicicleta ou karts por parte dos escolares.
Fotos e vídeos cedidos.
